Este domingo celebrouse o acto cívico en homenaxe a María Cuña Cuña

Este domingo 13 de setembro celebrouse o acto cívico en homenaxe a María Cuña Cuña. O acto que se tiña previsto celebrar na Praza do Seixo, tivo que ser trasladado para o 1º andar do mercado municipal pola choiva.
O acto estivo acompañado musicalmente pola Unión Cultural de Campo Lameiro e contou coa presentación do actor Suso Pando.
A homenaxe a María Cuña Cuña foi acompañada por veciños e veciñas do concello e da contorna que non quixeron perderse un día tan especial.
A Alcaldesa, Sandra González, destacou da Maruja “o seu incansable traballo no campo e na venta dos seus produtos de horta por feiras e mercados”. Sandra González, recordou “o traballo esquecido de moitas mulleres que co seu sudor cultivaron o agro galego e as que lle debemos unha merecida lembranza”.