Este sábado, ás 20.30h, o Auditorio de Goián acolle a proxección da película “Visións”, enmarcada no proxecto “Cinema e muller”, da Deputación

Este sábado, 11 de marzo, ás 20.30h, o Auditorio de Goián, acolle a proxección  da película colaborativa Visións, enmarcada no proxecto da Deputación de Pontevedra  “Cinema e muller”, que ten por obxecto visibilizar ás  creadoras do audiovisual da provincia, e promover así unha maior participación das mulleres na creación cultural e artística .

Presentará Lara Bacelo, unha das 10 realizadoras que participan no filme. Coa proxección desta película, o Concello de Tomiño continúa coas actividades programadas para este mes con ocasión do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.