Eu Rural e o Concello de Tomiño inauguran este venres a exposición fotográfica “Namórate de ti” A inauguración terá lugar as 19:00 no Centro Goianés. É o resultado do traballo realizado polas mulleres participantes no proxecto en materia de autoestima feminina

A continuación, as 20:00 terá lugar a conferencia organizada polo propio centro “Sexo e amor no século XXI” da mán de Chis Oliveira e Amada Traba

Este venres 25 de outubro ás 19:00 h. no Centro Goianés terá lugar a inauguración da exposición fotográfica “Namórate de ti”, que se enmarca no proxecto do mesmo nome, promovido pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural e o Concello de Tomiño. A exposición contará coas fotografías resultantes do traballo desenvolvido na fase anterior, nas que mulleres de diversas idades  ao longo de varias sesións traballaron intensamente cuestións relacionadas coa autoestima, o autoconcepto, a vida consciente, a cooperación, a desinhibición e o empoderamento, entre outros. O obxectivo do proxecto é mellorar a calidade de vida das mulleres participantes, potenciando as súas cualidades e capacidades. Este proxecto conta co financiamento do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad, e a Xunta de Galicia.

A continuación ás 20:00 h. terá lugar a conferencia promovida polo Centro Goianés “Sexo e amor no século XXI” a cargo de Chis Oliveira e Amada Traba, expertas en educación emocional e sexualidade na mocidade e autoras do libro “Amarte”, onde reflexionarán sobre as relacións amorosas e a aprendizaxe do amor.

Entrada libre.

 

Máis información:

comunicación@eurural.org

690 20 80 34