Excelente desempeño dos Teixugos na Segre Cup de Slalom. MANU OCHOA GAÑADOR EN K1 SÉNIOR E SERGIO RODRÍGUEZ SEGUNDO EN K1 JÚNIOR Nesta edición acudiron catro integrantes do Deportivo Miño, que xunto con outros deportistas galegos, marcaron unha copa Segre de éxitos para Galicia

A Segre Cup é unha competición internacional de piragüismo Slalom que se celebra entre dúas sedes: o venres no Parc Olímpic del Segre na Seu d’Urgell, e o sábado Parc de la Roca del Call en Ponts. Os dous en España. Dous días de competición en dúas sedes diferentes.

O formato da competición é unha carreira para todos e unha carreira final para os 10 deportistas mellor clasificados nas eliminatorias en cada sede. Para os resultados finais súmanse os postos obtidos en cada serie, o que menos puntos obteña resulta gañador ou gañadora. O grupo de idade é Junior e Senior.

Nesta edición acudiron catro integrantes do Deportivo Miño, que xunto con outros deportistas galegos, marcaron unha copa Segre de éxitos para Galicia.

Manu Ochoa entrou nas finais tanto o venres como o sábado. O venres rematou segundo e o sábado terceiro, e cun total de cinco puntos proclamouse vencedor da categoría absoluta masculina en K1, seguido polo francés Romain Bruneau con seis puntos e o castelán  leonés Darío Cuesta con nove.

Sergio Rodríguez, en K1 júnior, tamén acadou finais nos dous días, o venres foi terceiro e o sábado sexto, e cun total de nove puntos subiu ao podio a recoller un bronce, por detrás dos catalás Manel Contreras e Mbelú Ikenna.

Alba Soutelo deportista especializada en canoa, participou tanto en K1 como en C1 júnior. En K1, a pesares de non ser a súa especialidade, rematou décimo cuarta, mentres que na canoa, entrou nas finais nos dous días, rematando sétima.

Ainhoa Barreiro en k1 júnior, non foi quen de entrar nas finais, rematando décimo sexta.

Destacar o gran papel feito polos galegos nesta competición de gran sona, pero fóra da Liga oficial. Ademais das medallas de Manu e Sergio, Daniel Pérez do Penedo acadou prata en C1 sénior e Axel Alfonso do Tea de Mondariz rozou o podio coa súa boa actuación, rematando quinto en K1 sénior.

Fonte: Rosa Fernández Carrera.