FABIO MARTINEZ OTERO BRONCE EN LANZAMENTO DE DISCO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ATLETISMO FEDDI Granada acolleu a proba na que participaron máis de 300 deportistas con discapacidade intelectual

FABIO MARTINEZ OTERO, BRONCE EN LANZAMENTO DE DISCO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ATLETISMO FEDDI (FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL)

El deportista tomiñés Fabio Martínez logrou facerse coa medalla de bronce no Campionato de España de Atletismo FEDDI, que se celebró en Granada. Cerca de 300 participantes, de 47 equipos de 16 comunidades autónomas, participaron nesta proba de atletismo ao aire, realizado entre os días 16 e 19 de maio.

Dende o club deportivo do San Xerome Emiliani, de A Guarda, desplazáronse ata Granada 7 deportistas, entre eles, Fabio Martínez. O  atleta Tomiñes, de Goián, conseguiu o bronce en lanzamento de disco, ademaís dun 5º posto en peso, e 7º en xavalina. A Concellería de Deportes do Concello de Tomiño, fai chegar os seus máis sinceros parabéns ao atleta local polo seu grande esforzo e entrega.