Concello de Tomiño | O Servizo de Igualdade convida á mocidade ver a película “Tódalas mulleres que coñezo”, de Xiana do Teixeiro

O Servizo de Igualdade convida á mocidade ver a película “Tódalas mulleres que coñezo”, de Xiana do Teixeiro
O Concello de Tomiño, a través do Servizo Municipal de Igualdade, organiza unha actividade dirixida á poboación moza da vila; concretamente, da franxa de idade comprendida entre os 16 a 30 anos, consistente en visionado on line do filme “Tódalas mulleres que coñezo”, de Xiana do Teixeiro,  e posterior faladoiro, tamén on line, coa intervención da directora.

O filme, de carácter documental, será proxectado en aberto,  propoñéndose como unha reflexión sobre o xénero, o espazo público e a liberdade.

Deste xeito, poderase visionar de balde, os días 21 e 22 de xullo, a obra estreada en 2018, seleccionada e premiada en múltiples festivais.

Esta actividade está financiada con cargo aos créditos recibidos do “Ministerio de Igualdad, Secretaría General de Igualdad y contra la Violencia de Género”.

Faladoiro con presenza da autora

O día 23 de xullo, ás 20.00 horas, poderase asistir tamén a un coloquio coa autora, Xiana do Teixeiro, no que poder compartir impresións, preguntar curiosidades e crear un espazo para a reflexión colectiva. Para isto é preciso tamén rexistrarse a través da web municipal, recibindo confirmación e indicacións para conectarse.

Formulario de inscrición

O faladoiro terá un límite de prazas de 25 persoas. Esta actividades está dirixida á poboación de entre 16 e 30 anos. Só en caso de quedar prazas libres poderá ampliarse a outras franxas de idade.

Tamén é posible facer unha pregunta ou reflexión enviando un correo electrónico ao enderezo andrea@rexenerando.com ou enviando texto ou nota de voz ao número de teléfono 698 157 414.

FICHA TÉCNICA

TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO (Xiana do Teixeiro, 2018)

Gravada en: Lugo e Ourense

Xénero: Documental

Duración: 71 minutos

O Concello realiza oito novas contratacións, con cargo a distintas subvencións de fomento do emprego
O Concello de Tomiño vén de contratar con cargo a distintas subvencións de fomento do emprego, a oito novos traballadores /as (desempregados/as), que comezarán a desempeñar as súas funcións de forma gradual.

Deste xeito, o persoal do Concello vese ampliado durante varios meses por cinco persoas desempregadas e perceptoras da RISGA (Renta de inclusión social de Galicia) que traballarán en limpeza, xardinaría e outras áreas do Concello, até o mes de marzo do 2021. Ditas contratacións leváronse a cabo con cargo a unha subvención de 67.075,65 € procedentes da Xunta de Galicia e 1.631,14 € de achega municipal.

Asemade, a través dunha axuda para o fomento do emprego no ámbito de colaboración coas entidades locais,  dotada con 6000€ da Xunta e 3710,54€ do propio Concello, contratouse durante tres meses a dúas persoas que se desempeñan coma socorristas na praia de Goián, dende o pasado día 23 de xuño e até mediados do mes de setembro.

Por último, por medio do Programa de fomento do emprego no medio rural (Aprol Rural 2020), o Concello procedeu a contratar unha enxeñeira técnica forestal, que comezará a prestar os seus servizos no mes de agosto próximo. Farao a xornada completa durante nove meses, o que significará un investimento de 16.177,14€ de procedencia autonómica e 391,32€ de procedencia local.

A estes oito traballadores hai que sumar outros 24 do Plan Concellos 2020, que foron incorporándose dende o día 23 de xuño pasado, grazas á subvención da Deputación de Pontevedra (275.442,83€) e á unha achega municipal de 6.643, 12 €.

O Centro San Xerome Emiliani convoca unha praza de director/a da área de Educación
Enviamos Oferta de Emprego da Asociación San Xerome Emiliani, para cubrir unha praza vacante de Director/a da Área Educación do Centro.

OFERTA DE EMPREGO_Dirección Área Educación_DEF

Tomiño amplía o seu persoal con 24 novas contratacións realizadas dentro do Plan Concellos
O Concello de Tomiño vén de contratar con cargo á subvención de 275.442,83 euros, procedentes da Deputación de Pontevedra (Plan Concellos), a 24 persoas desempregadas, que comezaron a desempeñar as súas funcións de forma gradual (as primeiras incorporáronse o día 1 de marzo e as derradeiras o 29 de xuño, tras o paréntese do Covid-19).

Esta importante medida de fomento do emprego (Liña 3 Emprego Plan Concellos 2020), permitiu ao goberno local (que achegou pola súa banda 6.643,12€ de fondos municipais) ampliar o seu cadro de persoal con 12 peóns de xardinaría, 2 instaladores/as electricistas, 2 técnicos/as administrativos/as, 2 albaneis, 1 mecánico/a de mantemento e reparación de automoción, 1 carpinteiro/a, 1 soldador/a de estruturas metálicas lixeiras, 1 condutor de retroescavadora, 1 psicólogo/a e 1 biólogo/a.

Deste xeito, o persoal do Concello vese ampliado durante varios meses por 24 persoas que colaboran en diferentes áreas de labor municipal, aumentando a eficacia dos servizos aos que están adscritas. “ Temos que agradecer á Deputación de Pontevedra por esta importante axuda de case 300.000 euros, que nos permite contratar un bo número de persoas que levan tempo desempregadas, sobre todo, nesta situación de incerteza que estamos a vivir na actualidade tras a pandemia sufrida”, explica a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

Tomiño forma en igualdade de xénero ao persoal do servizo de Benestar Social
Taller ESPECÍFICO sobre VIOLENCIA DE XÉNERO dirixido a PROFESIONAIS do ÁMBITO SOCIAL

-Actividade financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género-

-O obxectivo é capacitar ás técnicas de acordo cos protocolos de actuación ante vítimas de violencia de xénero

O Concello de Tomiño , a través do Servizo de Igualdade, organiza un obradoiro específico sobre violencia de xénero para o persoal do Departamento de Benestar Social do Concello. Os obxectivos específicos da actividade son os de facilitar a adecuación das intervencións profesionais aos principios básicos de actuación, ante vítimas de violencia de xénero, dende unha metodoloxía teórico-práctica.

Para elo, proporcionarase ás participantes un marco teórico e normativo en relación á violencia de xénero, vencellando tamén as experiencias profesionais das participantes aos conceptos  básicos sobre violencia de xénero.

O obradoiro lévase a cabo a partir de onte, en tres sesións consecutivas, que terán lugar os días 2, 3 e 9 de xullo, entre as 8.30 e as 11.00 horas.

Esta actividade está financiada con cargo aos créditos recibidos do “Ministerio de Igualdad, Secretaría General de Igualdad y contra la Violencia de Género”.

Tomiño comeza a reparación da ponte tardomedieval de Taborda
O Concello de Tomiño vén de realizar a primeira fase dunha serie de obras programadas para a reparación e conservación da ponte tardomedieval de Taborda, máis coñecida coma “ponte de Hospital”. Trátase dunha ponte do S.XVI (finais da Idade Media) en cantería irregular, dun so vano e cunha lonxitude de 7 metros sobre o río Cereixo, que daba paso a un antigo hospital existente na zona.

Tras unha inspección dos técnicos municipais de Urbanismo, observouse un deterioro importante debido, probablemente, aos fortes temporais sucedidos no inverno, que fixeron aumentar o nivel da auga de xeito acelerado pero, sobre todo, á existencia de tres árbores de porte medio-grande, que tiñan as súas raíces encaixadas entre as pedras de apoio do arco. Os fortes e intensos ventos, fixeron que as árbores traballasen de forma negativa, producindo desprazamentos das pedras e afectando á estrutura. A maiores, os altos niveles de humidade dos troncos e raíces, ao empaparse, aumentaban o seu volume, favorecendo o desprazamento da cantería.

Inmediatamente, deuse parte á policía local da situación, a cal procedeu ao valado da ponte, impedindo o paso de peóns e de vehículos agrícolas, habituais na zona.

Seguidamente, procedeuse á execución da primeira fase do arranxo e recuperación da estrutura tardomedieval, consistente na corta das tres árbores que medraban dende a base da ponte. A intervención realizouse de xeito controlado e por seccións, para evitar danos á construción, coidando de non afectar ademais a unha liña aérea de subministro de enerxía eléctrica que discorre sobre a ponte.

En fases seguintes levarase a cabo a retirada, por medios manuais, dos tocos encaixados nas bases do arco, e posteriormente procederase ao cimbrado da ponte e á súa reparación, despois de remitir o corresponde proxecto ao Servizo de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Turismo e á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, salientou a importancia de reparar e conservar os elementos históricos e monumentais do municipio, na medida das posibilidades da administración local, e lamentou que a Consellería de Cultura non teña unha partida para a recuperación de bens de especial protección, coma esta ponte, que precisan de traballos específicos por parte de profesionais especializados.

Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para prover unha praza de operario-condutor no Concello de Tomiño
LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS, PARA PROVER POR CONCURSO-OPOSICIÓN 1 PRAZA DE OPERARIO-CONDUTOR CON CARÁCTER INTERINO NO CONCELLO DE TOMIÑO, MENTRES NON SE OCUPE A PRAZA CON CARÁCTER DEFINITIVO, E A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA AS COBERTURAS TEMPORAIS QUE POIDAN PRODUCIRSE NO CADRO DE OPERARIOS CONDUTORES DO CONCELLO.

20200701_Resolución_DECRETO 2020-0694 [Lista de admitidos-excluídos Condutores Interinos Concello]

A Asociación Asistencial SOS Tomiño-Baixo Miño entregou no mes de xuño máis de 20.000 quilos de alimento
Máis de 20.500 quilos de alimentos foron entregados no mes de xuño pola Asociación Asistencial SOS Tomiño-Baixo Miño.

As familias atendidas son, coma é habitual, dos concellos de Tui, Tomiño, O Rosal e Oia.

Concretamente, atendéronse 538 persoas, organizadas en 173 unidades familiares, e entregáronse 20.507 quilos de alimentos.

A distribución foi a seguinte:

4.325 Kg. en Tomiño,

11.162 Kg. en Tui,

1.014 Kg. no Rosal

2.006 Kg. en Oia.

No primeiro semestre de 2020 a asociación asistencial entregou 85.616 quilos de alimentos, repartidos entre as familias dos concellos antes mencionados.

Na páxina web: www.sostomino.org, pódense consultar todos os datos nos apartado “balances”.

A Eurocidade Cerveira-Tomiño, seleccionada para a campaña de comunicación #EUinmyregion
Como un dos gañadores, a Eurocidade recibirá tarxetas postais cunha imaxe do proxecto e un gif con diferentes fotografías para difundir o que se está a facer en Cerveira-Tomiño

A Eurocidade Cerveira-Tomiño é un dos proxectos gañadores do certame #EUinmyregion, unha campaña de comunicación de creación conxunta posta en marcha pola Comisión Europea que busca aumentar a visibilidade dos proxectos financiados pola Unión Europea en todo o continente. Mediante esta campaña, os 46 proxectos finalmente elixidos daranse a coñecer por toda Europa a través de distintas imaxes que recollen a esencia de todas as iniciativas.

Entre as cinco fotografías presentadas pola Eurocidade para participar no certame, a organización elixiu unha imaxe da segunda edición da Andaina entre Cerveira e Tomiño, moi representativa da unión e proximidade entre a veciñanza destes dous municipios e na que se avoga por un crecemento sostible do territorio que mellore a calidade de vida da poboación desta zona común entre Galicia e Portugal á beira do río Miño.

Coma un dos proxectos gañadores, #EUinmyregion editará e enviara á Eurocidade tarxetas postais con esta imaxe, así como un gif con diferentes fotografías para difundir o que se está a facer en Cerveira-Tomiño. Ademais, con apoio e ferramentas de comunicación, os proxectos seleccionados están invitados a amosar á cidadanía o que se ten alcanzado xunto coa UE na súa comunidade.

O Fondo Galego aproba un plan centrado na Axenda 2030 e na cooperación internacional
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade aprobou por unanimidade as Liñas Estratéxicas 2020-2023 na Asemblea Xeral celebrada esta mañá, a primeira que se desenvolve de xeito virtual na historia da asociación de concellos e deputacións, a fin de minimizar o risco sanitario derivado da Covid-19. As e os asistentes déronlle tamén luz verde ao Plan de Actividades 2020, que houbo de adaptarse ao novo contexto xerado pola pandemia, tanto para as accións en Galicia como nos países do Sur.

Neste senso, substituíronse todas as actividades que implicaban viaxes internacionais, como o xa clásico programa de voluntariado Vacacións con Traballo ou a celebración do II Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía. No entanto, a planificación para o ano en curso intensifica a implementación da Axenda 2030 nas administracións locais, con iniciativas como a elaboración de plans municipais para a localización dos Obxectivos de Densenvolvemento Sostible. Ademais, ofrecerase formación ao respecto na nova web.

Os proxectos de cooperación para o desenvolvemento aprobados encádranse tamén na crise xerada polo coronavirus. Investiranse un total de 98.126 euros en Mozambique e Guinea-Bissau, dos que 27.000 corresponden a achegas extraordinarias dos concellos de Cambre e Narón. Sensibilización da veciñanza, dotación de materiais de prevención, abastecemento de auga e saúde da infancia son algunhas das intervencións que se financiarán.

Situar a cooperación cos países do Sur como eixo central da actividade é precisamente un dos obxectivos establecidos nas Liñas Estratéxicas para o mandato actual, que foron presentadas polo presidente do Fondo Galego e alcalde de Nigrán, Juan González. Traballarase asemade para incrementar a base asociativa e a súa implicación, alén de continuar sensibilizando aos gobernos locais sobre a solidariedade internacional e de reforzar tanto a transparencia como as alianzas estratéxicas.

Na Asemblea Xeral Ordinaria abordouse tamén o novo marco de relacións co Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi), think tank impulsor do Fondo Galego que desde o mes de abril xa non exerce a Secretaría da organización. Este feito levou a actualizar a Comisión Executiva, coa incorporación do Concello do Irixo. Por outra parte, ratificáronse as altas e baixas de entidades socias, formalizándose a incorporación de Baños de Molgas. Houbo asemade ocasión de presentar a memoria de actividades e o balance económico de 2019. Unha vez rematada a xuntanza inicial, desenvolveuse a continuación a Asemblea Xeral Extraordinaria, coa modificación estatutaria como único punto da orde do día.

O Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 98 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, desde a súa fundación en 1997 o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en preto de 30 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.