Fin de semana con “commedia dell ́arte” no auditorio de Goián A compañía Contraproducións, trae a Tomiño unha obra escrita e dirixida por Cándido Pazó

A compañía teatral Contraproducións, trae ao auditorio de Goián, o vindeiro sábado, unha obra escrita e dirixida por Cándido Pazó. A cita cultural, incluída na axenda de outono, comezará ás 22.00; con entrada a 3 euros por persoa (pode comprarse dende unha hora antes en taquilla). Esta obra, recomendada para público adulto é o reflexo doutra, estrenada en 1.993 na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT), a “COMMEDIA, un xoguete para Goldoni”; espectáculo que rematou sendo un dos hitos do teatro galego, con más de 200 funciones en xira por España, Portugal e Francia. Hoxe, 25 anos despois, repite no posible o mesmo equipo creativo, baixo as directrices do dramaturgo galego Cándido Pazó.

Argumento:

Arlecchino atopa unha carta de amor no delantal da súa muller e, erroneamente (pois a carta non era para ela), pensa que ela o engana. Desesperado, quere matarse. Pero unha misteriosa voz que xorde de ningunha parte, deteno e dálle un anel máxico que ten a extraordinaria propiedade de facer perder a memoria a quen llo pon. Arlecchino esquéceo todo. Pero, como dano colateral, tamén esquece a noción das convencións sociais.

A partir deste arranque argumental sucédense unha serie de divertidos equívocos e enxeñosos enredos nos que participan algunhas das principais figuras da chamada popularmente “commedia dell ́arte”: o cutre tabernero Brighella, o pedante Dottore, o avaro Pantalone, o fanfarrón Capitano, a encantadora Arxentina…
Un argumento que, máis aló do imprescindíble alarde formal e lúdico, dá pé para xogar criticamente cos manidos tópicos do amor romántico e os riscos do exercicio indiscriminado da sinceridade.

Dramaturxia e traballo textual: Cándido Pazó
Actores e Actrices: Victor Mosqueira, Marcos Orsi, Avelino González, Nuria Sanz, César Goldi, Sergio Zearreta
Escenografía e Vestiario: Suso Montero
Iluminación: Afonso Castro
Dirección Musical: Fernando Reyes
Axudante de Produción: Lilian Portela
Xefa de Produción: Belén Pichel
Dirección: Cándido Pazó