Fin de semana de ciclismo coa segunda edición da proba BTT Terras de Tomiño e Florentiña

Fin de semana de ciclismo coa segunda edición da proba BTT Terras de Tomiño e Florentiña Será o vindeiro domingo 2 de abril con saída ás 09.30 horas da Praza do Seixo

Todo preparado para gozar esta fin de semana da segunda edición da proba ciclista BTT Terras de Tomiño e Florentiña, unha ruta que percorrerá todos os montes e lugares con encanto do municipio tomiñés. Unha ruta na que acompañarán sempre unhas fermosas vistas e lugares para desfrutar dunha xornada única sobre a bicicleta.

A proba sairá este domingo 2 de abril ás 09.30 horas da Praza do Seixo. As e os deportistas inscritos nesta carreira contarán con dúas rutas, unha curta de 40 km de distancia e un desnivel positivo de 700 m e unha máis larga de 60 km e un desnivel positivo de 1500 m. As persoas interesadas en participar aínda poden inscribirse a través do formulario en liña.

Esta carreira ciclista está organizada polo Concello de Tomiño, Os de Sempre, ACDR Colibrí e Carnicería Florentiña e conta coa colaboración do Bar El Puente, da panadería Regueiriña, de Talleres MV Rosal, do Centro Cultural Pexegueiro, de O Petisco, de Cespedpark e de frutas Serafín Logística. Ao final da proba, as persoas participantes contarán con duchas se o requiren, zona de lavado de bicicletas e bocadillos e refrescos. Ademais, a organización realizará varios sorteos entre todas e todos os participantes.