Fin de semana de festa, artesanía, comercio, gastronomía e cultura en Tomiño coa II Festa de Asociacións

Organizada por Adeto en colaboración co Concello e as asociacións, ofrecerá feira de oportunidades, exposicións de pintura e escultura, xogos, mallada de trigo e diversas actuacións musicais, coma o XXI Festival de Folclore Internacional

feira Asociacións ACTIVIDADES

A Asociación de Comerciantes de Tomiño (ADETO) organiza coa colaboración co Concello de Tomiño, Asociacións de Tomiño, Deputación e Xunta de Galicia, a II FESTA DE ASOCIACIÓNS DE TOMIÑO, que se celebrará esta fin de semana (sábado 12 e domingo 13 de xullo), nas rúas do centro urbano.

O evento foi presentado onte no Concello de Tomiño, coa presenza da alcaldesa, Sandra González, e a concelleira de Cultura e Deportes de Tomiño, Cristina Martínez, e en representación de ADETO, Manuel P. Riveiro e David Vila (presidente e secretario, respectivamente).

Segundo explicaron, o programa foi confeccionado coa intención de chegar ao maior número de persoas, de todas as idades, polo que o abano de actividades é amplio e diverso, incluindo eventos lúdicos, culturais, gastronómicos e deportivos de distinta índole. “Tratase de amosar o inmenso traballo que fan as asociacións do municipio durante todo o ano, co fin de enriquecer a vida social, cultural e comecial da vila”, explicou Riveiro.
Tras o éxito da primeira edición, os empresarios queren consolidar esta festa, dinamizando así a vida comercial, cultural e lúdica da vila.

Tanto Sandra González, coma Cristina Martínez reiteraron o compromiso do Concello coas asociacións culturais, veciñais e Adeto, para fomentar a dinamización do comercio e da cultura en Tomiño, así coma promover o asociacionismo entre as entidades e pesoas que traballan polo concello.

Máis de 40 postos con produtos de alimentación, artesanía, regalos, etc. concentrarase nas rúas máis céntricas e Praza do Seixo ao longo de toda a fin de semana.
A Carreira Popular do sábado, con saída e meta na Praza da Mina, conta xa con máis de 300 persoas inscritas, de diferentes idades.

Coma novidade, Festa A Esgalla instalará na rúa Colón, a carón do Concello, unha tirolina de seis metros de altura e máis de 50 de percorrido (custe da viaxe 1 euro, conxeable en calquera dos postos).

Entre as actividades incluídas no programa, destacan as seguintes (xúntase programa completo máis abaixo):

  • Feira de Oportunidades e Artesanía
  • Exposición das Asociacións de Tomiño
  • Exposición de Pintura e Escultura do Baixo Miño
  • Inchables e Tirolina
  • Actuacións de diferentes treboadas polas rúas
  • Mallada de Trigo
  • O sábado 12 ás 18.00 Carreira Popular, con varias categorías
  • XXI Festival de Folclore Internacional Grupo Virxe do Alivio
  • Animación e Photocall con “PEPPA PIG”
  • “Deporte na rúa”
  • Actuación do grupo “Farfalla Títeres
  • Actuación dos grupos “Bailas Moza?” e “Fantasía”

Entre as actividades incluídas no programa, que foron presentadas este mediodía na Casa do Concello, destacan as seguintes (xúntase programa completo máis abaixo):

  • Feira de Oportunidades e Artesanía
  • Exposición das Asociacións de Tomiño
  • Exposición de Pintura e Escultura do Baixo Miño
  • Inchables e Tirolina
  • Actuacións de diferentes treboadas polas rúas
  • Mallada de Trigo
  • O sábado 12 ás 18.00 Carreira Popular, con varias categorías
  • XXI Festival de Folclore Internacional Grupo Virxe do Alivio
  • Animación e Photocall con “PEPPA PIG”
  • “Deporte na rúa”
  • Actuación do grupo “Farfalla Títeres
  • Actuación dos grupos “Bailas Moza?” e “Fantasía”

 

Concello Tomiño Presentación II Festa Asociacións_1

Na presentación estiveron presentes a alcaldesa, Sandra González, e a concelleira de Cultura e Deportes de Tomiño, Cristina Martínez, e en representación de ADETO, Manuel P. Riveiro e David Vila (presidente e secretario, respectivamente).

Segundo explicaron, o programa foi confeccionado coa intención de chegar ao maior número de persoas, de todas as idades, polo que o abano de actividades é amplio e diverso, incluindo eventos lúdicos, culturais, gastronómicos e deportivos de distinta índole. “Tratase de amosar o inmenso traballo que fan as asociacións do municipio durante todo o ano, co fin de enriquecer a vida social, cultural e comecial da vila”, explicou Riveiro.

Tras o éxito da primeira edición, os empresarios queren consolidar esta festa, dinamizando así a vida comercial, cultural e lúdica da vila.

Tanto Sandra González, coma Cristina Martínez reiteraron o compromiso do Concello coas asociacións culturais, veciñais e Adeto, para fomentar a dinamización do comercio e da cultura en Tomiño, así coma promover o asociacionismo entre as entidades e pesoas que traballan polo concello.

 

PROGRAMA COMPLETO

SÁBADO 12 E DOMINGO 13 DE XULLO

De 10:00 a 22:00 h

 

Feira de Oportunidades e Artesanía

Exposición das Asociacións de Tomiño

Exposición de Pintura e Escultura do Baixo Miño

Mostra de dibuxo e pintura da “Escola O Pincel Do Cereixo”

Exposición fotográfica de Tomiño e as súas parroquias (información turística)

Inchables e Tirolina

Actuacións de diferentes treboadas polas rúas:

  • Treboada do Baixo Miño
  • Brisas de Tomiño
  • Treboada Fonte do Frade
  • Treboeiros de Muimenta
  • Treboada de Pinzás
  • Grupo de Gaitas de Pinzás

 

De 11 a 13 h

Obradoiros organizados por Ludoteca Xoaniñas

 

Ás 12 h

“Mallada de Trigo”, a cargo da Treboada Baixo Miño, na rúa nova

 

De 17:30 a 19:30 h

Obradoiros organizados por Ludoteca Xoaniñas

 

Ás 18 h.

II Carreira Popular, con varias categorías, (saída e meta na Praza da Mina)

 

Ás 21.30h

XXI Festival de Folclore Internacional, organizado polo grupo Virxen do Alivio, coas seguintes actuacións:

  • Asociación Cultural Tangaraño (Mos)
  • Rancho Ent. De Danças e Cantares da Barra Cheia (Moita – Portugal)
  • Esc. De Gaitas e Percusións Agarimos (Torneiros)
  • Esc. De Danzas e Gaitas Virxe do Alivio (Tomiño)

 

DOMINGO 13 DE XULLO

De 11 a 13 h

Obradoiros organizados por Ludoteca Xoaniñas

 

As 11 h

Desfile de Treboadas organizado pola Asociación Os Terribles de Tomiño.

 

De 11 a 20 h

“Deporte na rúa”, a cargo de Deportes y Eventos Deventos, con distintas actividades deportivas

 

Ás 12 h

Animación e Photocall con “PEPPA PIG”

 

De 17:30 a 19:30 h

Obradoiros organizados por Ludoteca Xoaniñas

 

Ás 19.30 h

Actuación do grupo “Farfalla Títeres”.

 

Ás 20:30 h

Actuación dos grupos “Bailas Moza?” e “Fantasía”