Fin de semana deportivo en Tomiño con dúas grandes probas: IV Duatlón Popular, o sábado, e Desafío Terras de Turonio BTT, o domingo

Dúas  importantes probas deportivas celebraranse esta fin de semana en Tomiño. Por un lado, o IV Duatlón Popular de Tomiño, e o Campionato Galego de Duatlon Escolar, organizado por ADETO, que terá lugar o vindeiro sábado, 13 de maio, a partir das tres e media da tarde.
 
Por outro, o IV Desafío Terras de Turonio, maratón BTT por parejas do norte de España, o domingo 14 de maio, á que se apuntaron preto de 400 ciclistas de diferentes idades.
 
Onte no Concello tiveron lugar as presentacións de ambas as probas, coa presenza dos organizadores de cada unha, alcaldesa, concelleiros, e representantes da policía local e Protección Civil. Acompañamos foto, na que aparecen (des esquerda a dereita) representantes de P. Civil Tomiño, xefe Policía Local Tomiño, Javier Sánchez, organizador do Desafío, alcaldesa, presidente de Adeto, Javier Vila,; e os concelleiros Manuel Álvarez e Ismael Troncoso (Deportes).
Nos seguintes enlaces podedes atopar máis información de cada unha das probas.