‘Fogar, doce fogar’, a nova campaña de ADETO para dinamizar o comercio tomiñés A nova acción da asociación de comerciantes conta coa colaboración do Concello de Tomiño

A Asociación de autónomos de comercio, hostelería e industria de Tomiño (ADETO), inicia o mércores 30 de marzo, unha nova campaña para dinamizar o comercio local e, ao mesmo tempo, axudar aos seus clientes a facer melloras na casa.

Con esta campaña, coa que colaboran o Concello de Tomiño e a Xunta de Galicia, ADETO pretende favorecer o consumo no comercio de proximidade e, ao mesmo tempo, premiar a algún cliente coa posibilidade de facer unha inversión extra no seu fogar. O número premiado coñecerase o luns 11 de abril ás 11.30 horas.

O premio, un vale de 200 € que se obterá ao comprar nos comercios asociados, poderá ser gastado en, polo menos, dous dos establecementos participantes (Granitos Álvarez, Muebles Álvarez, Ferretería A Roda, J. Carrera Decoración, Muebles Costa, Carpintería Melo Otero, Instalaciones García Abollo, Instalbami, Foncel, Materiales de Construcción Francisco Fernández, Máster Tomiño, Carpintería Sergio Almeida e Sumycol).