Fortalecer vínculos emocionais na era dixital con Rafa Guerrero na Semana da Educación de Tomiño

Fortalecer vínculos emocionais na era dixital con Rafa Guerrero na Semana da Educación de Tomiño

Fortalecer vínculos emocionais na era dixital con Rafa Guerrero na Semana da Educación de Tomiño

O psicólogo e experto en intelixencia emocional ofreceu unha interesante charla sobre a xestión de emocións en infancia e adolescencia nun auditorio de Goián ateigado de público

A décima edición da Semana da Educación baixa o pano este xoves 13 coa educación en positivo de Diana Jiménez. Ás 19.00 h con entrada de balde

Fortalecer vínculos emocionais na era dixital con Rafa Guerrero na Semana da Educación de Tomiño“Somos seres sociais porque somos enormemente vulnerables”. Con esta afirmación o psicólogo clínico Rafa Guerrero daba o pistoletazo de saída a unha charla na X Semana da Educación que facía ao público reflexionar sobre como fomentar a intelixencia emocional na infancia e adolescencia. Unha intervención ante un auditorio de Goián ateigado na que as e os participantes puideron encherse a mochila de aprendizaxes sobre como acompañar a cativada e mocidade no complexo proceso de recoñecer, expresar e xestiopnar as súas emocións.

A alcaldesa, Sandra González, deu a benvida a este experto en intelixencia emocional e destacou a importancia de abordar estas temáticas na Semana da Educación. “Coñecer o funcionamento das emocións e como inflúen na aprendizaxe e no comportamento da infancia e xuventude é fundamental para educar mellor. Apostamos por poñer ferramentas ao alcance da veciñanza que axuden a crear espazos educativos máis respectuosos e comprensivos”, salientou.

Ao longo da súa intervención, Rafa Guerrero explicou que “a esencia do ser humano é a conexión emocional” e que un dos aspectos fundamentais para establecer vínculos sans é a mirada: “Mirarnos aos ollos di moito de nós, pero os dispositivos tecnolóxicos impiden esta conexión fundamental”.

O experto abordou a intelixencia emocional como unha habilidade imprescindible, incidindo en que “xa dende que nacemos sentimos emocións, pero non temos a capacidade de xestionalas, polo que somos analfabetos emocionais”. A súa proposta pasa por alfabetizar as emocións para que nenos e nenas aprendan a recoñecelas, nomealas e aceptalas, tendo en conta sempre que todas as emocións son lexítimas aínda que non todas as condutas para afrontalas son axeitadas.

 

Última sesión da X Semana da Educación

A X Semana da Educación do Rosal pechará esta edición con outra gran voz do panorama educativo, a psicóloga Diana Jiménez, que o xoves 13 de febreiro ofrecerá a charla ‘Cando os tempos cambian, os pais e nais aprenden’. Unha sesión centrada na disciplina positiva e no acompañamento afectivo para axudar ás familias a afrontar os novos desafíos educativos sen perder os valores esenciais.

O Concello de Tomiño convida a toda a veciñanza a participar nesta última sesión, reforzando así o seu compromiso cunha educación respectuosa, consciente e baseada na intelixencia emocional.