
07 Nov 2018 “Get Out”, un thriller psicolóxico, proxéctase no cineclub Poleiro, o xoves 8 de novembro A función será ás 21.30 horas no Auditorio de Goián. O día 3 de decembro chega "The Square", unha película sueca dirixida por Rubén Östlum
Mañá, xoves 8 de novembro, o cineclub Poleiro proxectará , no auditorio de goián , ás 21.30 horas, “Get Out“, (Déixame sair) , unha película estadounidense dirixida por Jordan Peele. Un retrato do racismo en EE.UU, disfrazado de cine de terror.
Sinopse: Un mozo afroamericano visita á familia da sua noiva branca, un matrimonio adiñeirado. A película narra dous dias de desacougo, cando a parella vai pasar unha fin de semana ao campo cos pais dela . Un triller psicolóxico mesturado con medo e terror, una serie de descobrimentos, cada vez máis inquedantes levan ao protagonista a descubrir una verdade inimaxinable.
O xoves, 3 de decembro, chega “The Square”, película sueca dirixida por Rubén Östlum. Trata sobre a publicidade que rodea unha instalación de arte, e as reaccións que provoca. Ganou a Palma de Ouro en Cannes, 2017.
O xoves 1o de xaneiro, “En cuerpo y alma”, comedia húngara , o séptimo traballo da directora Ildycó Enyedi. Unha inusual historia de amor nun lugar inusual,un matadoiro no que traballan os dous protagonistas.
O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.
Máis información Ramón Álvarez. Teléfono: 629735337