Goián recorda “a Toma da Barca” polos portugueses 271 anos despois.

O Concello de Tomiño organiza este martes un encontro entre tomiñeses e cerveirenses no que se recordar un acontecemento histórico como é a toma da antiga vila da Barca polo exército portugueses dentro da chamada Guerra de Restauración portuguesa.

No evento consistirá nunha charla na que Manuel Villa Troncoso e Diamantino Vale Costa nos relataran os acontecementos históricos ocorridos un mesmo martes 3 de marzo pero de 1644.

O acto será público e desenvolverase no Centro Goianés ás 20h00. Esta actividade forma parte do proxecto transfronteirizo que ambos concellos inciaron hai xa uns meses co Focus Group no que veciños e diversas personalidades puxeron en común temas de actualidade entre ambas beiras.