GRAN COMEZO DE TEMPADA PARA OS MÁIS PEQUENOS DO DEPORTIVO MIÑO-TEIXUGOS Este domingo celebrouse na praia fluvial do Cordeiro, en Salvaterra, a 1ª Copa Galega de Promoción de Slálom. O club acudiu ao evento con doce pequenos deportistas que gozaron do deporte e da amizade

GRAN COMEZO DE TEMPADA PARA OS MÁIS PEQUENOS DO DEPORTIVO MIÑO-TEIXUGOS Este domingo celebrouse na praia fluvial do Cordeiro, en Salvaterra, a 1ª Copa Galega de Promoción de Slálom. O club acudiu ao evento con doce pequenos deportistas que gozaron do deporte e da amizade

 Este domingo celebrouse na praia fluvial do Cordeiro, en Salvaterra, a 1ª Copa Galega de Promoción de Slálom. As augas do río Tea acolleron esta primeira competición da Liga Galega de Promoción, destinada a  nenos e nenas de idades comprendidas entre os sete e os trece anos.

 O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu ao evento con doce pequenos deportistas que gozaron do deporte e da amizade.

 Na categoría infantil feminina as nosas padexeiras dominaron a competición. En canoa, Nerea Álvarez impúxose cun gran tempo, e Leila Álvarez foi segunda na súa estrea na modalidade.

En caiac o podio foi enteiramente teixugo; Leila  gañou o ouro,  Nerea a prata e Rita Olveira, na súa primeira competición  como infantil, acadou o bronce; Catalina  Sánchez foi cuarta e  Beatriz Sánchez sétima.

Pola súa banda, Iria Álvarez, en K1 benxamín, foi a gañadora da proba.

En K1 Infantil Masculino, Izan Vicente foi quinto, Lois Montenegro sexto, Alejandro Barreiro oitavo e Leo Álvarez duodécimo.

En K1 Alevín, Roque Olveira acadou o ouro ao facer a mellor manga da categoría, e Martín Vicente quedou en quinto lugar.

Na clasificación por equipos o Club Deportivo Miño-Teixugos gañou a proba cun total de 219 puntos; segundo foi o Montaña Quixós de Monforte, con 147, e terceiros o Piraguismo Penedo de Tui con 97.

 

Texto e fotos: Rosa Fernández Carrera.