Grandes resultados para os judokas tomiñeses do Club de Judo Baixo Miño

O pasado fin de semana celebrouse en Santiago de Compostela a COPA DE ESPAÑA INFANTIL e o CAMPIONATO GALEGO JUNIOR eventos organizados  pola Federación Galega de Judo.

Na COPA DE ESPAÑA INFANTIL participaban 1 judoka Tomiñesa,

NEREA ROMEU GONZALEZ  na categoría de -52 kg conseguía o 5º posto esta judoka xa leva dúas copas de España, quedándose ás portas das medallas so é cuestión de tempo que consiga subirse ao podium.

Doutra banda, no CAMPIONATO GALEGO JUNIOR, os resultados foron moi bos:

BRAIS PEREIRA conseguía o ouro demostrando gran superioridade gañando todos os seus combates por Ippon, na categoría de -81kg. O devandito judoka xa está clasificado directo á final do campionato de España por estar situado 3º no ranking nacional.

ADRIAN ROMEU na categoría de -60kg., conseguía a medalla de bronce, este mozo judoka aínda cadete  ten un judo moi bo e o traballo que realiza día a día estalle levando a subirse ao podium nas súas últimas competicións.

Agora espérannos próximos compromisos, para NEREA ROMEU  o 18 de Febreiro coa SUPERCOPA DE ESPAÑA EN ESTREMADURA e para ADRIAN ROMEU E YOHANNA DÁ CUÑA, convocados pola selección galega para participar na COPA DE EUROPA DE FUENGIROLA.