Acepto que conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais, infórmase de que os datos facilitados incorporaranse nun ficheiro automatizado baixo a responsabilidade do Concello de Tomiño. Os datos non se cederán a terceiros agás nos casos nos que exista unha obriga legal ou fora necesario para o correcto desenvolvemento da actividade na que se inscribe. Así mesmo, solicítase a súa autorización para poder achegarlle información sobre cursos, xornadas e actividades futuras.
Acepto, por outra parte, e atendendo a que o dereito á propia imaxe está recoñecido no artigo 18 da Constitución e regulado pola Lei 1/182, de 5 de maio, sobre o dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, a Lei 15/1999, de 13 de decembro e o Regulamento Xeral (UE) 2016/579 de Protección de Datos, infórmase de que no transcurso da actividade na que se vai inscribir, poderanse facer fotografías e gravacións de vídeo, e estas poderán ser publicadas a través das canles das que dispón o Concello de Tomiño (páxina web, revistas, exposicións, Facebook, Twitter, Youtube), enviadas á prensa ou cedidas ás entidades colaboradoras da actividade, co único propósito de dar difusión ás accións de formación e divulgación que desenvolvemos. A este fin, solicítase a súa autorización para que o Concello de Tomiño poida facer uso das imaxes ou gravacións onde apareza a sua imaxe, individual ou en grupo, realizadas nesta actividade, nos termos arriba indicados.