Organizado dende a Concellería de Benestar Social en colaboración coa empresa IDADES, especializada na prestación de servizos de atención socio-sanitaria, o curso terá unha duración de 300 horas, 150 teóricas e 150 prácticas e realizarase na Escola Obradoiro O Regatiño (Goián) durante os meses de outubro, novembro e decembro deste ano 2024, en horario de mañá e estará dirixido a persoas desempregadas empadroadas no Concello de Tomiño que estean moi interesadas en formarse para poder traballar no sector da atención socio-sanitaria en domicilios.
O prazo de inscrición permanecerá aberto desde as 9:00h do día 25 de setembro ao día 1 de outubro ás 13h.