02 Mai ITV de turismos os vindeiros 27 e 30 de maio As revisións realizaranse no lugar de San Benito - Campo de festas do Alivio en horario de mañá e tarde
Unha unidade móbil de inspección técnica de turismos (coches) desprazarase ata Tomiño os días 27 e 30 de maio, co fin de realizar inspeccións técnicas periodicas de vehículos lixeiros (masa menor ou igual a 3500 Kg.).
O lugar onde se instalará a unidade móbil será San Benito – Campo de festas do Alivio.
Día 27 de maio (venres):
Horario mañá: 09.00 a 13.30 horas.
Horario tarde: 15.15 a 18.00 horas.
Día 30 de maio (luns):
Horario mañá (soamente): 09.00 a 13.30 horas.
CITA PREVIA: chamando ao número de teléfono 902 309 000 ou a través da páxina web www.sycitv.com