Jessica Rodríguez Piñero, mestra de primaria nomeada aos premios Educa ABanca como mellor docente de España, achegouse até Tomiño para presentar en persoa o seu primeiro álbum ilustrado infantil “Peúgo, o calcetín melenudo” Dentro da campaña CONTRA a violencia de xénero, ás familias que participan no programa Medrando en Familia, da Concellería de Benestar, recibiron este sábado a visita da autora

Dentro da campaña CONTRA a violencia de xénero, ás familias que participan no programa Medrando en Familia, da Concellería de Benestar, recibiron este sábado unha visita moi especial.
Jessica Rodríguez Piñero, mestra de primaria nomeada aos premios Educa ABanca como mellor docente de España, achegouse até Tomiño para presentar en persoa o seu primeiro álbum ilustrado infantil “Peúgo, o calcetín melenudo”.
A autora foi relatando unha historia na que a través dunha personaxe como un calcetín cun furado se fala da violencia de xénero e a importancia do autoconcepto e da autoestima.