“LEIRA”, un espectáculo de danza e música sobre as labores do campo, chega a Tomiño este sábado Con música e voz de Rosa Cedrón en directo, o espectáculo terá lugar no Auditorio de Goián ás 21.00 horas

LEIRA”, o exitoso espectáuclo de danza e música sobre as labores do campo, que esgota as entradas alá a onde vai, chega este sábado (5 de marzo) a Tomiño. O Auditorio de Goián recibirá a función, para todo público, ás 21.00 horas.

A peza, de Nova Galega de Danza e con música e voz en directo de Rosa Cedrón (1), recibiu o PREMIO DÁ CULTURA GALEGA EN ARTES ESCÉNICAS.

Ademais, tras ser finalista aos Premios MAX como Mellor Espectáculo de Danza e obter o Premio MAX ao Mellor Intérprete Masculino de Danza (Iván Villar), foi seleccionada para “DANZA A ESCENA 2022” e seguirá de xira durante todo este ano.

As entradas, serán postas á venta na taquilla do auditorio e terán un custe de 7 euros.

Sinopse:

O corpo e a terra estreitan lazos nun espectáuclo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexión telúrica; día e noite, xornada tras xornada repetida nunha sucesión inesgotable de estacións. O sol e a choiva, o vento xeado, crúas paisaxes á intemperie habitados unicamente por unha coreografía humana de apeiros de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os surcos arados na terra. Pero Leira é tamén a sinxela ledicia do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo, a celebración dunha Galiza intemporal e máxica.

É unha proposta na que o corpo e a terra estréitanse, que fala da dureza do traballo no campo en Galicia pero tamén da implicación, o esforzo e a beleza que supón. Todo iso aderezado coa dulzura que aporta a voz e música en directo de Rosa Cedrón.

(1) ROSA CEDRÓN EN DIRECTO, cantante e intérprete de violonchelo, coñecida por ser a voz durante nove anos do grupo LUAR NA LIBRE e colaborar en discos de músicos como Mike Oldfield.