“LIXO” da compañía “O baúl da tía tola”, proposta lúdico cultural para este domingo A obra, para todos os públicos, terá lugar ás cinco e media da tarde no Auditorio de Goián

“Lixo”, un orixinal espectáculo teatral e de danza para público infantil e familiar, chega o domingo 3 de abril a Tomiño, dentro do ciclo Primavera Activa.

Unha escenografía creada a partir de material plástico reciclado como bolsas de lixo, cubertas e esqueletos de tendas de campaña, permite ás integrantes da compañía teatral ”O baúl da tía tola” xogar con obxectos que poderían ser simples desperdicios.

As dúas protagonistas (Anna Cañadillas e Soraya Paradela), unas bailarinas moi peculiares, mergúllanse nun mundo de plásticos, luces, sonoridade e movemento, para vivir unha aventura na que teñen que crear “cultura a través da varredura”.

Dúas bailarinas que se comunican con pareados, que se moven con pasos de ballet inventados por elas mesmas, axudándose das luces para crear diferentes atmosferas ao longo de todo o espectáculo, dando así ritmo e rima a toda a obra.

O espectáculo é para desfrute familiar, aínda que pensado especialmente para nenos e nenas a partir de 2 anos.

 

Data: Domingo 3 de abril
Horario: 17.30h
Idade: público infantil e familiar
Lugar: Auditorio de Goián
Prezo: 3€ persoas adultas, menores de 12 anos 1,5€