Luís Fernández na Copa do Mundo de Praga Do 16 ao 18 de xuño tivo lugar en Praga a 1ª Copa do Mundo de Slálom.

Doce foron os piragüistas que formaron parte do equipo español. Un ano máis entre a elite do slálom español estivo o teixugo Luís Fernández, que foi un dos tres integrantes do equipo español de C1.

Luís, natural de Salceda, e membro do Club Deportivo Miño Teixugos, aos seus apenas 19 anos leva xa dous anos formando parte do equipo nacional sénior, e está tamén seleccionado para o equipo de slálom sub-23.

O venres pola tarde fixo a primeira baixada, con apenas seis segundos de penalización, e cun bo tempo,pero que non lle valeu para entrar en semifinais. Unhas horas máis tarde, nese mesmo día, fixo o seu segundo intento de entrar nas semifinais, mellorando o seu tempo anterior en case catro segundos, pero aínda así non foi suficiente para pasar a seguinte rolda. Na clasificación final rematou na cuadraxésima sétima posición.