Máis de 40 variedades de cervexa se poderán degustar este fin de semana no Festival da Cervexa Artesá en Tomiño.

Este fin de semana, estrearase en Tomiño o primeiro Festival da Cervexa Artesá que o Concello organiza xunto coa Asociación para a divulgación da cultura da cervexa artesá en Galicia (ADICCAG). O evento é unha continuación da feira da cervexa artesá que se organizou no inverno no mercado de Tomiño. Nesta ocasión, o espazo amplíase a Praza do Seixo onde se situarán os stands de cervexa e as actuacións musicais na noite. As charlas e obradoiros serán no mercado. Ademáis, serán nas recén remodeladas instalacións do mercado municipal onde se presentará a nova vinoteca que ocupará a planta superior do inmobre.
Este festival que leva o nome de “xarrarriba” ofrecerá aos asistentes unha demostración do proceso de elaboración do producto a cargo da empresa cervexeira de Tomiño “lenda”.
O festival da cervexa Xarrarriba configúrase como un punto de referencia na contorna pola calidade dos produtos que ofrece así como pola variedade de actividades organizadas.
A cata de cervexa poderá facerse por libre ou ben de xeito guiado. A visita guiada supón facerse cunha papeleta coa que probarán 8 variedades diferentes de cervexa e se lles explicarán os produtos. Ademáis, con esa papeleta entrarán nun sorteo de 12 lotes de cervexa artesá.
O domingo as catas irán acompañadas de pinchos polo módico prezo de 5€. As tapas correrán a cargo dos restaurantes Nova Colina e Buraquiño que participan no Festival.
O venres ás 20h inaugurarase o festival, noite na que a cea estará amenizada polo grupo Jenni e Nico. O sábado, abriranse os stands a partires das 12h00 até o peche. Será o sábado ás 11h cando se desenvolverá a charla técnica da man de Natalia Brew. A continuación, ás 12h30 presentarase a vinoteca e a Cervexería lenda levará a cabo a demostración en vivo da elaboración de cervexa artesanal. Estes eventos serán no primeiro andar do mercado municipal. No exterior poderase degustar cervexa artesán e xa a noite nova cea musical coa actuación do cantautor Emilio Rúa.
O domingo a partires das 12h00 tocaralle o turno á cata de cervexas variadas con tostas no mercado polo prezo de 5€ (o ticket a recoller nos stands de cervexa na Praza do Seixo)
Dende ADICCAG destacaron esta mañán a importancia de “promocionar a producción de cervexa artesá e da importancia da implicación das institucións públicas”.
A Alcaldesa pola súa parte, resaltou “o éxito obtido na feira da cervexa celebrada anteriormente e que nos mostrou a boa aceptación deste tipo de eventos entre o público tomiñés. Este festival é a continuación daquel evento máis reducido. Ademáis, daquel encontro xurdiu unha empresa cervexeira en Tomiño como é “Lenda” do que nos sentimos moi satisfeitos”.