Máis de 400 nenos e nenas de Primaria e Secundaria, no “Correlingua” celebrado en Tomiño A carreira saiu ás 11.00 da mañá dende os IES Antón Alonso Ríos até a Praza do Seixo

Tomiño acolleu este mediodía o Correlingua 2018, coa asistencia de máis de 400 nenos e nenas de diferentes centro de Primaria e Secundaria da comarca e arredores.

A carreira saiu ás 11.00 da mañá dende os IES Antón Alonso Ríos até a Praza do Seixo, onde tiveron lugar todos os actos.

Alí agardaba o grupo Oh! Ayatollah coa súa música e a actriz Isabel Risco, encargada de conducir o acto. Tempo logo para os de Marcos Maceira, da Mesa de Normalización Lingüística ,e da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quen salientou o valor de ter unha lingua propia e animou aos escolares a utilizala e disfrutar dela.

Seguidamente, Isabel Risco deu lectura ao manifesto e despois comezaron as actuacións do alumnado do CEIP Pintor Antonio Fernández, Ceip Barrantes (ambos os dous de Tomiño), e IES Salvaterra.