05 Xuñ Máis de cen coches clásicos vestiron de cor a Praza do Seixo de Tomiño
O pasado domingo, 1 de xuño, a Asociación de Clásicos Populares Baixo Miño celebrou, en colaboración co Concello de Tomiño, a XV Concentración de Clásicos, en Tomiño, dende onde saíron en caravana, pola costa, con destino a Baiona.
Os organizadores informaron que participaron máis de cen coches clásicos na concentración e posterior ruta.
Os días 25, 26 e 27 de xullo, a mesma asociación organiza a “I Edición Feitoclásica” (Feira Tomiñesa de Clásicos) con exposición, ofertas e mercadiño, nas naves de PCM (Forcadela, estrada Tui-A Guarda).
Ambos os dous eventos foron presentados no Concello de Tomiño, coa presenza da alcaldesa Sandra González e a concelleira de Deportes, Cristina Martínez, e por parte da Asociación de Clásicos, José Besada Fernández, José Mª Gude Méndez, e Carlos Alonso, presidente, secretario e vocal, respectivamente.