Malasombra Producións presenta “Go On!” o vindeiro domingo, 16 de outubro, no Auditorio de Goián

  • O prezo da entrada para asistir á representación é de 3.00 euros, podéndose adquirir o tícket no propio auditorio dende unha hora antes do comezo da función

O Outono Cultural do Concello de Tomiño chega este domingo (ás 19.00 horas) á súa terceira entrega, coa obra teatral “Go On!” da compañía Malasombra Producións, cos actores Xoque Carbajal e Jouse García.

A obra escrita por José Luís Prieto, dúas veces gañador dos premios Max de teatro, é unha “odisea cómica non espazo galaico”, segundo a define un dos seus protagonistas.

O prezo da entrada para asistir á representación é de 3,00 euros, podéndose adquirir o tícket no propio auditorio dende unha hora antes do comezo da función.

Go On! relata as peripecias de dous exploradores que se adentran nas descoñecidas terras galaicas e vanse atopando en clave de humor, ao longo dos 70 minutos, con tópicos galegos como a Santa Compaña, un tren que avanza a velocidade negativa, Xosé Ramón Gayoso ou a Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.