MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO BAIXO MIÑO LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS E VALORACIÓN PROVISIONAL DOS MÉRITOS, LUGAR, DATA E HORA DA REALIZACIÓN DA PROBA PRÁCTICA E DA ENTREVISTA PARA O PROCESO SELECTIVO DE CONDUTOR INTERINO

MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO BAIXO MIÑO

“LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS E VALORACIÓN PROVISIONAL DOS MÉRITOS, LUGAR, DATA E HORA DA REALIZACIÓN DA PROBA PRÁCTICA E DA ENTREVISTA PARA O PROCESO SELECTIVO DE CONDUTOR INTERINO E A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA AS COBERTURAS TEMPORAIS QUE POIDAN PRODUCIRSE NA PLANTILLA DE CONDUTORES DA MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO BAIXO MIÑO (MIMBM DOS CONCELOS TUI, TOMIÑO, O ROSAL, A GUARDA)”

No Concello de Tomiño o 13 de marzo de 2020 foi constituído o tribunal para analizar as emendas das solicitudes presentadas polas persoas excluídas provisionalmente e realizar a valoración dos méritos para a contratación dunha persoa para a praza de condutor da  Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño.

Con motivo da declaración do estado de alarma quedou paralizado este procedemento de selección dándose debida conta desta circunstancia mediante a resolución da Presidencia da MIMBM do 17 de marzo de 2020.

Neste intre,  R E T Ó M A S E o citado proceso, dándose publicidade  á  composición do tribunal, listaxe de admitidos e excluídos así como ao lugar, data e hora de celebración das correspondentes probas.

 

A proba práctica terá lugar:

Día:      xóves, 28 de maio de 2020 

Hora:   09:30 horas 

Lugar O Viso do Concello de O Rosal (na explanada existente fronte a nave de Depósitos Coballes). 

Retomase procedemento – Lista e Valoracion provisional do Tribunal Condutor e prova MIMBM maio 2020