Marcela Morgado, do club Atletismo Trega de Tomiño, se clasifica subcampiona Galega Sub16 no Campionato Galego de Pista Cuberta A proba, celebrada o pasado sábado en Ourense, dalle a oportunidade de competir no Campionato de España

Fantástico fin de semana para a atleta MARCELA MORGADO RODRÍGUEZ do S.A. Trega de Tomiño, no autonómico de pista cuberta celebrado en Ourense o pasado sábado.

A atleta competíu no recinto ferial de Expourense, no Campionato Galego de pista cuberta, onde se proclamou Subcampiona Galega Sub16- feminino na proba dos 1000 ml cunha sensacional marca de 3’06’’81, conseguindo a marca mínima esixida e establecida pola RFEA para poder disputar o Campeonato de España de Autonomías, onde vestirá e representará á Federación Galega de Atletismo.

Tanto dende a directiva do club, coma dende a Concellaría de Deportes, que dirixe Fran Campo, fan chegar á atleta moitos parabéns e desexan que continúe traballando coma até agora, para mellorar con esforzo e constancia.