Marzo arrancará en Tomiño con dous cursos de pilates para avoas, nais e fillas A actividade, enmarcada na programación do Mes da Muller, está dirixida a maiores de 5 anos

Marzo arranca en Tomiño con máis actividades para toda a cidadanía. Nesta ocasión inaugúrase a programación deportiva anual ao tempo que comeza o Mes da Muller, e faino con dous cursos de pilates para avoas, nais e fillas, que terán o mesmo contido pero que se celebrarán en sitios distintos: un en Tomiño e outro en Goián.

As clases consistirán en sesións dinámicas con enfoque grupal e interacción constante entre as persoas na que o protagonista será o pilates, un sistema de adestramento físico e mental que une o dinamismo e a forza muscular co control da mente, a respiración e a relaxación.

A partir do 7 de marzo poranse en marcha dous cursos de 10 horas de duración cada un, un que se impartirá no pavillón de Goián (mércores, de 17.30 a 18.30 horas) e outro na Casa da Cultura de Tomiño (venres, de 19.30 a 20.30 horas). Durante unha hora á semana todas as mulleres maiores de 5 anos poderán participar nesta actividade á que se poden inscribir tanto de xeito individual como en grupo de familiares ou amigas. O custe será de 10 euros por persoa.

Todas as interesadas poden facer a súa inscrición premendo aquí.