MEDALLA DE PRATA PARA O TEIXUGO EMILIO RODRÍGUEZ NA 3ª COPA DE ESPAÑA DE SLÁLOM OLÍMPICO O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu nesta ocasión con cinco deportistas, un equipo moi diminuído, con varias ausencias importantes

Esta fin de semana celebrouse na localidade catalá de Sort a 3ª Copa de España de Slálom Olímpico. Cada Copa consta de dúas competicións independentes, unha o sábado e outra o domingo.

O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu nesta ocasión con cinco deportistas, un equipo moi diminuído, con varias ausencias importantes.

Emilio Rodríguez, en K1 veterano, o sábado conseguiu entrar na final, onde rematou segundo, conseguindo a única medalla do club nesta ocasión. O domingo tamén conseguiu pase a finais,  acabando cuarto.

Alba Soutelo, única representante feminina, participou en K1 e C1 júnior. En K1, tanto  sábado como domingo finalizou en  vixésimo posto. En C1 ou canoa, o sábado quedou fóra da final, rematando décimo sétima; o domingo entrou en finais rematando sétima.

Sergio Rodríguez, en K1 júnior, sábado e domingo quedou fora de finais a causa dun toque  nunha das portas en ámbolos dous días, concluíndo duodécimo o sábado e décimo terceiro no domingo.

Mateo Rivas, en K1 júnior, quedou lonxe de finais tanto sábado como domingo, rematando cuadraxésimo e trixésimo quinto respectivamente.

Adrián Lluch, tamén en k1 júnior, acabou o sábado en cuadraxésima quinta posición e o domingo trixésimo terceiro.

Aspiraba a mellores resultados o  Deportivo Miño nesta terceira copa de España, pero o slálom é así, o río manda e non sempre o deportista consigue o que quere. Na clasificación final por equipos os Teixugos foron décimos o sábado e undécimos o domingo.

Fonte: Rosa Fernández Carrera