Medio centenar de alumnos e alumnas do IES de Tomiño gradúaronse no entorno da fortaleza de Goián A alcaldesa Sandra González, asistiu ao acto, acompañada pola concelleira de Educación, Cristina Martínez

Medio centenar de alumnos e alumnas de bachalerato do IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), celebrou a súa festa de gradación no Espazo Fortaleza de Goián, a carón do milenario forte de San Lourenzo.

O acto contou coa presencia da alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, e da concelleira de Educación, Cristina Martínez, en representación do goberno municipal, que colaborou no acondicionamento e montaxe da infraestrutura necesaria para a celebración.

Ademais do alumnado dos tres grupos de bachalerato (das dúas modalidades que se ofertan no instituto tomiñés: Ciencias e Tecnoloxía e Humanidades e Ciencias Sociais), tamén graduáronse 15 estudantes do ciclo medio de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural, que se imparte no centro.

A alcaldesa aproveitou a oportunidade para felicitar ao alumnado do IES Antón Alonso Ríos polo seu esforzo e dedicación durante un curso tan duro e especial coma este último.