Medio centenar de deportistas deuse cita en Tomiño para participar de unha xornada de remoergómetro O pavillón de Goián acolleu onte a actividade, na que participaron seis clubs galegos

Onte, 24 de outubro de 2018, máis de 50 deportistas, de 6 clubs galegos, déronse cita no pavillón de Goián (Tomiño) para disfrutar dunha xornada de remoergómetro.

Previamente á competición, os participantes puideron coñecer da man do adestrador do San Xerome, Roberto Martínez, a técnica e unas pequenas nocións básicas do remoergómetro.

A continuación disputáronse 12 series, onde os participantes deron o mellor de sí.

Boa actuación dos atletas do San Xerome: Jose Antonio Pintos, Chicho, Brais, Pablo Martínez e Fabián Santos. Resaltar a actuación de Andrea, Pepe, María Fernanda e Nuria que conseguiron un posto entre os tres primeiros.

Esta xornada celebrouse grazas á colaboración do Concello de Tomiño, do Club de Remo Robaleira, da Federación Galega de Deporte Adaptado e do Club Deportivo San Xerónimo.

Ismael Troncoso, concelleiro de Deportes de Tomiño, salientou o bo papel e comportamento de todas as persoas participantes e amosou a súa satisfacción pola celebración deste especial evento deportivo.