Medrando en Familia volta adaptado ás novas demandas e convértese en Medrando en Casa. O programa Medrando En Familia segue preto das familias dando apoio ás súas demandas de crianza da cativada...

O programa Medrando En Familia segue preto das familias dando apoio ás súas demandas de crianza da cativada, sono, rutinas e outras inquedanzas, creando unha rede de apoio virtual e un espazo de confianza a través das novas formas de comunicación, como é o WhatsApp. Nestes momentos 5 familias traballan a retirada de cueiro dxs fillxs, e máis de 15 familias forman parte activa desta iniciativa virtual.

Desde o Servizo de Educación e Apoio Familiar entendemos que é preciso adaptarnos á situación actual para seguir estando cerca das familias, respondendo ás vosas necesidades a través da modalidade virtual. Ante estas circunstancias presentámosvos un cuestionario para valorar novas propostas de traballo.

Gustaríanos contar coa vosa colaboración para o deseño desta nova andaina, e así seguir traballando en propostas orixinais e poder acompañarvos no fermoso proceso da crianza dunha maneira máis achegada.

Podedes acceder ao formulario de inscrición pinchando no seguinte enlace:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScjViYENlGKTVjuV36PiT9ggDk_32AmAMA0wEvIKhgFJVXvLw/viewform