Móllate polos ríos 2021 – XIV Limpeza simultánea de riós

XIV LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS

 

O 26 DE SETEMBRO, MÓLLATE POLOS RÍOS

 

O Proxecto Ríos xa leva organizando dende o 2008 este día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galiza. É un día no que as persoas voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais. Miles de quilogramos de refugallos xa foron extraídos de moitos ríos galegos polos centos de voluntarios/as que teñen participado nas limpezas anteriores.

Animámosvos a participar este ano para que vaiades a algún dos nosos ríos e recollades ese lixo que acaba coa súa biodiversidade e beleza.

O máis importante deste día é a labor de concienciación social que entre todos e todas realizamos. Axudamos a manter un bo estado de conservación nos nosos ecosistemas fluviais e facémoslle ver á cidadanía que as pequenas accións valen moito.

Se tes interese en participar inscríbete aquí!