Móllate polos ríos 2022 – XV Limpeza simultánea de ríos

O 26 DE SETEMBRO, MÓLLATE POLOS RÍOS

 

O Proxecto Ríos organiza dende o 2007 este día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galicia. É un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais.

 

Pretendemos así concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos de lixo os nosos cursos fluviais como premisa para garantir a súa saúde.

 

Este ano 2022 celebramos xa a 15ª edición da limpeza simultánea de ríos.

 

Convocaremos aos grupos participantes do Proxecto Ríos a que se unan, un ano máis, a esta iniciativa que mobilizou en quendas anteriores a miles de voluntarios e voluntarias e nas que se retiraron decenas de toneladas de residuos.

 

Podes botarlle un ollo ás accións dos anos anteriores.

 

Se tes interese en participar inscríbete aquí!

 

Se es unha asociación ou centro educativo e queres participar podes facelo contactando no número de teléfono 986 62 20 01, extensión 6 ou no email tecnica.medioambiente@tomino.gal