Nadal + Nadal

Campaña de Nadal + Nadal

 

As túas compras de Nadal en Tomiño valen dobre

BASES DE PARTICIPACIÓN

1 – A Campaña terá como beneficiarios aos comercios e servizos do Concello de Tomiño e aos clientes que realicen compras nos mesmos entre o 12 e o 26 de decembro de 2020.

2 – Quedan excluídos desta campaña os comerciantes que desenvolvan a súa actividade en mercados municipais e os comercios de primeira necesidade como panaderías, carnicerías, peixerías e supermercados.

3 – Os Comercios e servizos do Concello de Tomiño que desexen participar deberán solicitalo cubrindo a instancia que figura na web tomino.gal, desde o 2 decembro do 2020 ata o 7 de decembro de 2020.

4 – Os Comercios e servizos solicitantes comprométense a decorar os seus escaparates ou no caso de non contar con escaparate os locais comerciais, con elementos naturais como base acompañados de decoración de Nadal e como mínimo desde o 12 de decembro de 2020 ata o 6 de xaneiro de 2021.

5 – Os Comercios e servizos adheridos conformarán a “Ruta Nadal+Nadal”.

6 – Os comercios e servizos adheridos terán dereito á participación no concurso de premios á mellor decoración.

Premios á decoración da “Ruta Nadal+Nadal”

 

1º Premio Mellor escaparate …………………… 500,00€

1º Premio Mellor local   ……………………………… 500,00€

2º Premio Mellor escaparate   ………………… 250,00€

2º Premio Mellor local   ……………………………… 250,00€

 

Cada un dos comercios ou servizos só poderá acceder a un dos premios

campana-nadal

Descarga o arquivo das bases pinchando no botón de abaixo e le a información completa sobre a campaña Nadal+Nadal

 

Establecementos participantes

Ver en:

maps

Google Maps

google-earth

Google Earth