O Concello de Tomiño contratará a 26 desempregados para obras e servizos municipais Estas prazas están destinadas a demandantes de emprego empadroados na localidade

O Concello de Tomiño contratará a 25 persoas desempregadas para distintos postos de obras e servizos, contratacións subvencionadas ao abeiro do Plan Provincial de Obras e Servizos 2018-2019 de emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

Serán contratos a sete horas diarias e de entre 9 e 10 meses de duración. As e os candidatos deben ser persoas empadroadas en Tomiño inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e deben figurar como demandantes non ocupados dispoñibles para incorporarse tanto na momento da sondaxe por parte da Oficina de Emprego de Tui como no da contratación.

Esta é unha iniciativa máis coas que o concello de Tomiño quere seguir apostando “aposta na medida das súas posibilidades pola creación de emprego e por xerar economía dentro do municipio”, como salienta a alcaldesa, Sandra González.

Postos

Nesta ocasión buscarase cubrir 11 vacantes de peón de xardinería, dous peóns da construción de edificios, un albanel oficial de 1ª, un carpinteiro especialista e outro oficial de 1ª, un condutor-operador de retroescavadora, un instalador electricista en xeral e outro oficial de 1ª, un mecánico de mantemento e reparación de automoción e un soldador de estruturas metálicas lixeiras. Ademais, solicítase a incorporación de dous técnicos administrativos, dun educador social ou mestre de primaria e dun enxeñeiro técnico forestal.

O inicio dos contratos está previsto para o 1 de marzo de 2018. Ademais dos coñecementos da profesión e titulación e formación valoraranse as seguintes situacións: ser vítima de violencia de xénero, ter máis de 45 anos, formar unha familia monoparental con fillos a cargo, ter un nivel de renda máis baixo ou ter cargas familiares.

Todos os procesos selectivos incluirán unha proba práctica.

Consulta os códigos por postos aquí