Nota informativa Solicitude de Praza nas Escolas Infantís É preciso agardar a que a situación de alarma revirta e cando saia publicada a convocatoria no DOGA, faráse pública neste medio

Ante a demanda de información das familias con nenas e nenos en idade de solicitar praza na rede pública de escolas infantis Galiña Azul para o vindeiro curso, unha vez establecido contacto coas mesmas, informamos que, segundo o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, que regula unha serie de medidas para protexer a saúde e seguridade dos cidadáns, no que respecta á actuación administrativa a Disposición adicional terceira, recolle a suspensión de prazos administrativos, polo que hai que agardar a que a situación de alarma revirta e cando saia publicada a convocatoria no DOGA, faráse pública neste medio onde se recolleran tamén as datas de incio e fin do prazo para solicitalas.