Nova Actividade Deportiva: Voleibol

Apúntate ao voleibol extraescolar e vive a emoción dun deporte cheo de enerxía, compañeirismo e diversión. Aprenderás técnicas básicas, mellorarás a coordinación e compartirás momentos únicos co teu equipo. Non importa o teu nivel: o importante é ter ganas de xogar e pasalo ben🏐!!

 

TEMPORALIZACIÓN: Desde o 19 de febreiro ata maio/xuño.
HORARIO: Xoves de 16.30h a 18h
LUGAR: Pavillón de Goián (Tomiño)
DURACIÓN DA ACTIVIDADE: de novembro a maio.
PREZO: 20,00€ ao mes.
IDADE: de 7 a 17 anos.