Novas melloras na rede municipal de saneamento no barrio de Rexidouro As obras continúan, dotando dun saneamento mellorado cada vez a máis vivendas do Concello de Tomiño

Os traballos comezaron a pasada semana pola zona máis baixa e húmida do barrio de Rexidouro, aproveitando o bo tempo e a falta de choivas, xa que baixo outras condicións climáticas poderíase complicar a correcta execución das obras. Ao finalizar este sector, continuarase co resto da zona que non é tan problemática en cuanto a cuestións técnicas e meteorolóxicas, segundo informaron os traballadores do Concello.

As melloras consisten no enganche dos novos ramais de colectores de augas residuais nos barrios de Rexidouro e A Val, pertencentes á parroquia do Seixo, para conectalos ao colector xeral xa existente que vai á estación depuradora sita en Figueiró. Con esta nova obra, a cantidade total orzamentaria invertida nesta zona ascende aos 800.000€, cos que o Concello de Tomiño seguirá prestando un servizo de saneamento eficiente e de calidade, incorporando 150 novas vivendas máis á rede.

O concelleiro de Obras e Saneamento, Francisco Campo Lago, destacou o impulso e o traballo que se está a realizar dende o Concello de Tomiño e outras administracións públicas para que o maior número de persoas posible desfruten deste servizo. Proximamente está previsto continuar con novos proxectos de saneamento e alcantarillado tamén en Carregal de Abaixo, afirmou o concelleiro.

A previsión inicial é que as obras rematen entre finais deste ano e principios do ano que vén se non xorden imprevistos que poidan retrasar o avance das actuacións e, en calquera caso, os traballadores municipais móstranse optimistas á vista do actual ritmo e os avances alcanzados en pouco tempo.

O Concello de Tomiño quixo salientar que co remate destas obras, a porcentaxe de vivendas conectadas á rede de saneamento ascenderá novamente, situándose agora en torno a un 65%, gracias ás labores dos últimos anos de goberno. Ademais, aseguran que a inversión neste tipo de actuacións é unha das súas prioridades, para seguir ofrecendo un servizo esencial aos seus veciños e veciñas.