O Alivio 2021

Do 6 ao 11 de setembro

Praza do Seixo

Actividades de balde

Requírese Inscrición previa:

  • Conservas con Tana

    É un espectáculo teatral baseado na ventriloquía, con esencia educativa, espírito festivo, moi divertido e altamente participativo. Trátase dun granxeiro e a súa cadela Tana que manteñen unha fluída e divertida conversación na que afloran diálogos delirantes.

    06 setembro
    19.00h
  • Concerto Lara Villaverde

    Lara Villaverde, é unha moza tomiñesa de 19 anos. Canta e toca a guitarra dende os 8 anos e formouse coa guitarra eléctrica durante 6 anos no conservatorio. Na actualidade está a estudar a carreira de Educación Primaria, na que fará unha especialización en música. Vai ofrecer un concerto ameno e divertido no que contará coa colaboración de artistas locais: Logan (vocalista de Heissel) e Rebeca Vázquez (tenda La reina caracola).

    7 setembro
    19.00h.
  • Operación Plancton

    É unha obra con afán divulgativo e mensaxe ecoloxista, dirixida á educación e concienciación infantil sobre a problemática da contaminación de plásticos no océano e en como iso afecta ao plancton. Será unha divertida aventura onde descubriremos qué é o plancton e como axudar a salvalo.

    8 setembro
    19.00h.
  • Contos da lúa. Trécola producións

    Espectáculo de marionetas que fomenta, sempre dende o divertimento, valores coma a igualdade, o respecto e o apoio mútuo.

    9 setembro
    19.00h.
  • Concerto do dúo "CALLE MELANCOLÍA", tributo a Sabina

    Dúo acústico formado por Eder González e Manu Abalo no que rinden homenaxe a Joaquín Sabina, cantante de Úbeda coñecido e recoñecido. Farán unha homenaxe á música, en vivo e en directo, facendo partícipes a todas as persoas asistentes.

    10 setembro
    22.00h.

Homenaxeado das Festas do Alivio 2021

Jesús Montero (Suso)

Sábado 11 de setembro

Ás 20.30h

Praza do Seixo