Homenaxeada Acto Cívico 2024
O Concello de Tomiño renderá tributo este ano no acto cívico das Festas do Alivio a Hortensia Expósito Martínez, Tena, por toda unha vida de loita, traballo duro e superación. Ela representa ás mulleres do rural que, sen facer ruído, viviron na adversidade, traballando incansablemente no campo e coidando das súas familias. A súa historia é a memoria viva dunha xeración de mulleres fortes que non sempre foron recoñecidas polo seu sacrificio, pero que son imprescindibles na construción da nosa sociedade.