O Alivio chega cargado de actividades, de balde, para público infantil e familiar O Acto Cívico organizado polo Concello adícase a homenaxear a Tinita Ozores. Será o domingo 9 de setembro ás 11 da mañá, na Praza do Seixo

Chegan as festas do Alivio ao Tomiño e o Concello organiza na Praza do Seixo, unha serie de actividades, todas de balde, para público infantil e familiar.

O luns 3 de setembro ás 21.30 horas, haberá cine familiar con”El hijo de Bigfoot”.

O martes 4 de setembro, ás 19.00 horas, “A caixiña dos mistos (o cinema máis pequeno do mundo)” e inchables. Ás nove e media da noite, ese mesmo día, contacontos “Unha árbore vén a vernos”.

O mércores 5 de setembro ás nove e media da noite, teatro con “A tropa do doutor milagre”.

O xoves 6 de setembro “Concerto Punkinfantil”, tamén ás 21.30 horas.

Por último, o domingo 9 de setembro, ás 11.00 horas, terá lugar o Acto Cívico, que este ano o Concello adica a Tinita Ozores, ilustre veciña de Goián e membro da Asociación Antonio Fernández.

A actuación da Agrupación Musical de Goián será o complemento ideal para este acto de carácter conmemorativo.

 

Simultaneamente, a Comisión de Festas do Alivio, organiza actos relixiosos e festivos, dos que podes consultar aquí o programa.

Programa festas Alivio. comisión 2018 – copia