O Alivio continúa este mércores con maxia pola igualdade

O Alivio continúa este mércores con 
maxia pola igualdade Eli e Ian traen á Praza do Seixo (19 h) o seu espectáculo ‘Somos iguais na maxia’. Reserva de entrada no 986 622 001 ou en cultura@tomino.gal

Maxia para loitar pola igualdade e contra a violencia de xénero. Con esa idea nace o espectáculo ‘Somos iguais na maxia’, unha actividade de animación para todos os públicos coa que o dúo artístico Eli e Ian chegan este mércores 9 a Tomiño dentro da programación especial do Alivio.

Con este espectáculo, os magos transmitirán a través dos seus trucos e dun xeito ameno e metafórico a importancia da igualdade, da educación para rachar cos estereotipos sexistas ou de ter valores. Diversión e entretemento cun importante fondo na Praza do Seixo a partir das 19.00 horas. Estableceranse todos os protocolos de prevención para garantir a seguridade de todas as persoas asistentes.

Como todas as actividades programadas ao abeiro do Alivio, o espectáculo será balde. É necesario reservar entrada previamente chamando ao 986 622 001 ou enviando un correo electrónico a cultura@tomino.gal.