O Apalpador visitará Tomiño por Fin de Ano O famoso carboeiro recibirá aos nenos e nenas na praza do Seixo ás 17.00 horas

 O Apalpador baixará das montañas para para coñecer a todos os nenos e nenas de Tomiño este venres de Fin de Ano ás 17.00 horas. O carboeiro recibirá a todas as persoas que queiran compartir tempo con el na praza do Seixo e estará acompañado polo seu burro Río Lor, e o acordeonista Servando Barreiro. O Concello anima a veciñanza a acompañar ao Apalpador na súa estancia en Tomiño, ao tempo que destaca a importancia de pór en valor a nosa tradición entre a nosa infancia.

Esta visita forma parte do programa Nadal en galego da Deputación de Pontevedra, coa que se pretende dar a coñecer a tradición galega destas festas ás nenas e nenos.

Circo para comezar o ano 

Tomiño comezará o ano como o acabou, con cultura para todos os públicos. O domingo 2 de xaneiro ás 17.30 horas a Praza do Seixo acollerá “Riscando o ceo”, un espectáculo que nos leva a un mundo onde o circo aparece en forma de humor, maxia, malabar, acrobacias e equilibrios imposibles. Un ton absurdo e reflexivo que fai que nos reformulemos o esencial das cousas. Inspirado no incrible mundo de O Principiño de Antoine de Saint-Exupery.

Mentres que os hinchables que se ían colocar na praza do Seixo os días 3 e 4 de xaneiro a quedan suspendidos pola situación sanitaria.