O atleta Álex Sierpes bate o récord galego sub16 nos 1500 m obstáculos

O atleta Álex Sierpes bate o récord galego sub16 nos 1500 m obstáculos O deportista da Sociedade Atlética do Trega acadou ademais a terceira mellor marca española de todos os tempos

O Concello de Tomiño quere felicitar ao da Sociedade Atlética do Trega Álex Sierpes, que vén de facer unha carreira espectacular nas pistas viguesas de Balaídos. O atleta batiu o récord de 1500 metros obstáculos, asaltando e apropiándose da marca sub16 con 4′ 17” 18, ademais de acadar a terceira mellor marca española de todos os tempos.

Durante a pasada fin de semana o atleta de 14 anos que compite co club tomiñés logrou arrebatarlle o récord a Damián González Fernández, que no ano 2007 conseguía na localidade murciana de Lorca un rexistro de 4′ 26” 46.

Despois de facer un inverno perfecto de cross e pista cuberta, sendo campión de España nas dúas modalidades, comeza agora a pulverizar todos os récords en pista ao aire libre, facendo crecer aínda máis de xeito espectacular o seu currículo deportivo.

Este novo récord súmase aos acadados esta tempada en pista cuberta de 1000 e 3000 metros autonómicos, ata chegar a un cómputo total no seu haber de 14 récords actuais autonómicos en diversas probas de medio fondo e fondo e de 3 récords nacionais.

O deportista do Baixo Miño, pupulo de Javi Sierpes e Patri Pereira, segue en racha, agrandando a súa proxección acabando de culminar os seus últimos retoques para vindeiros evenots, que marcarán os seus grandes obxectivos tanto a finais deste mes na Coruña no Campionato Galego sub16 de pista ao aire libre como no nacional a finais de xuño en Denia, Alicante, que será a guinda desta tempada de aire libre.