O atleta Álex Sierpes Pereira de S.A TREGA (Tomiño), proclámase CAMPIÓN DE ESPAÑA Sub14 na proba de 1000ml ao aire libre O pequeno logrou levantar a todo o público da bancada logo de bater a marca do campionato, convertíndose en líder no ránking de España da proba.

O atleta Álex Sierpes Pereira de S.A TREGA (Tomiño), proclamouse Campión de España Sub14 na proba de 1000ml ao aire libre, no VIII Campionato de España por equipos SUB14, representando ao noso filial Ourense atletismo.

O pequeno atleta desprazouse até Xixón, até as pistas de atletismo As Mestas. Na tarde do sábado pasado, co tempo idóneo para a competición, ás 18.30h en punto, deuse o pistoletazo de saída da serie A (1000m), onde o favorito e máis forte rival foi Diego Camacho Romeu (CA Brisas o paso- Canarias).

 Pero aínda así, Álex non se rendeu, saíu impondo o seu ritmo liderando a proba de principio a fin, onde o seu rival máis potente, tentou pasar en dúas ocasións, pero Sierpes non se deixou, facendo unha carreira emocionante até o final, e chegando o primeiro á meta parando un crono en 2’44”52.

O pequeno atleta logrou levantar a todo o público da bancada, levándose unha gran ovación porque acababa de bater da MARCA DE CAMPIONATO, con que ÁLEX se convirte en líder no ranking de España da devandita proba.

Dende o Concello de Tomiño fan chegar ao destacado deportista do club tomiñés os máis sinceros parabéns.