O ATLETISMO TREGA DE TOMIÑO, logra MOI BOS RESULTADOS NO ÚLTIMO CAMPIONATO DE “XOGADE” EN PISTA AO AIRE LIBRE NA CATEGORÍA BENxAMÍN, CONSEguen 5 MEDALLAS INDIVIDUAIS E UNHA POR EQUIPOS

O sábado pasado, en xornada matinal disputouse o último campionato provincial escolar de “Xogade” de pista ao aire libre, na provincia de Pontevedra, onde o Trega levou a 9 atletas participando en distintas probas, e conseguindo uns excelentes resultados.
A primeira proba, 1000m marcha mixto, conseguiron dúas medallas: de PRATA,para Paula Martín Pousa, cun tempo 6’43”38 na categoría feminina, e de BRONCE e na categoría masculina, para Aarón Dacuña Sierpes, cun crono de 8’13”56.

Non sería a única proba destes 2 benxamíns, porque tamén disputarían lanzamento de peso (1kg) ambos os dous na súa categoría; Paula quedaría 5ª cun lanzamento de 5.22metros, e Aarón 4º con 5.89 metros.
Seguiríalle a súa compañeira Paula Lago Sánchez facendo un dobrete con 2 PRATAS: 2ª clasificada en 50ml cun crono de 8’55”,  e na proba de 500ml, faría 1’45”87.
Na mesma proba de 500ml, participou tamén Mara González Carreira, quedando 6ª clasificada cun crono de 1’52”15, e ademais realizaría a proba de 50ml cun resultado na final A, 7ª / 8”87.
Nos 500ml (masculino) tomó parte André Álvarez Rodríguez, quedando 11º /1’51”72 mesmo en 50ml a final B, quedaría 6º / 9”22.
David Martínez Alonso clasificouse en posición 13, en 500ml / 1’53”92 intervindo tamén en 50ml final B, quedando 8º / 9”64.
Yeray Dacuña Sierpes conseguiu o Subcampionato con medalla de PRATA en 1000ml cun tempo de 3’40”61 no entanto tomou parte na final B de 50ml quedando 4º/9”12.
Nos 1000 ml femininos non teriamos tanta sorte, nesta proba competiría Paula Rocha Bautista co resultado de 4ª/ 4’01”24, pero tamén tomaría parte do 50ml final A, quedando 8ª / 8”93.
A súa compañeira Amanda Martínez Sierpes participaría en 1000ml obtendo a 5ª posición / 4’06”01 e en 50ml quedaría 5ª/9”33.
E por último disputárone as substitucións 4x50m onde as mozas (Amanda Martínez, Mara González, Paula Rocha e Paula Lago) farían un 4º posto, cun crono 36”30, e posteriormente os mozos (Aarón Dacuña, David Martínez, André Álvarez e Yeray Dacuña) conseguiron a última medalla de BRONCE cun tempo de 36”85.
Felicidades a todos e tod@s!

Texto e fotos: Patricia Pereira.