O Atletismo Trega de Tomiño consegue novas medallas no XI Campionato de Galicia Ruta de Menores Álex Sierpres, Marcela Morgado, Elisa Morgado e Yeray Dacuña foron os catro deportistas clasificados

4 NOVAS MEDALLAS, PARA O ATLETISMO TREGA DE TOMIÑO, NO XI CAMPIONATO DE GALICIA DE 1 KM EN RUTA DE MENORES
Este pasado domingo, o concello Lucense de Guntín (Lugo) acollería o Campionato Autonómico das categorías de base Sub10, Sub12, Sub14, Sub16.
Até alí desprazaríanse os mellores especialistas da canteira do medio fondo galego, para facerse cos títulos autonómicos de ruta (en asfalto) nun circuíto homologado pola RFEA.

O atletismo Trega, levaría un importante nutrido de atletas da base, onde non fallou nos prognósticos e perspectivas nos pódiums autonómicos, conseguindo un OURO, unha PRATA, dúas de BRONCE, sendo así por segundo ano consecutivo o club de base mellor de Galicia, empatado a pódiums con Atlética Lucense esta vez.
O OURO e o título de Campión Galego conseguiríao ÁLEX SIERPES PEREIRA na categoría Sub12 masculina, cun tempo de 3’19”.

A PRATA para MARCELA MORGADO RODRÍGUEZ, na categoría sub16 feminina, cun tempo de 3’23”.
E os BRONCES serían para ELISA MORGADO RODRÍGUEZ, na categoría sub14 feminina, cun crono de 3’32” e na categoría sub10 masculina YERAY DACUÑA SIERPES cun tempo de 4’00”.

Felicitar a todos os atletas representantes do noso Club tanto aos medallistas como aos e as participantes, desexándolles unhas felices vacacións, sendo esta a súa última actuación da tempada 2018-2019. O Concello de Tomiño fai extensiva a súa felicitación a todos e todas as atletas deste club.